a primeira e a derradeira casa
a que alberga as lembranzas,
A que é unha xanela aberta ao futuro,
a que está emprazada no tempo que non existe,
que é no pasado, no presente e no futuro.
A orixe é o final,
a que nos contén e nós contemos,
volver ao mar, volver a nós
Extracto do poema "Volver ao mar, á orixe".
Camiño ao mar.
X.H. Rivadulla Corcón